XVI CONCURSO DIXITAL DE DEBUXO INFANTIL

A auga da billa, un tesouro que hai que coidar

Para cociñar, para beber, para asearnos, para lavar a roupa… A auga forma parte do noso día a día e é fundamental para a vida. Pero, sabías que 1 de cada 9 persoas non ten acceso a auga potable? Isto significa que moitos nenos coma ti non teñen a gran sorte de abrir a billa e poder gozar da auga.

A auga potable é un tesouro marabilloso que non é sinxelo de conseguir, depende do traballo e a investigación en innovación de moitos profesionais que a auga chegue dende o medio natural ata o teu fogar en perfectas condiciones.

Nós somos moi afortunados por dispoñer da auga potable na billa das casas, as escolas, as industrias e moitos outros lugares. Por iso, coidar desa auga e facer un uso responsable é moi importante e unha tarefa de todos.

Convidámoste a descubrir este proceso e crear a túa contorna, chea de cor e de vida grazas á obtención da auga potable.